"PAISAJE CLÁSICO"





PATROCINA:

SALA DE EXPOSICIÓN CASA DA CULTURA CONCELLO DE SALCEDA DE CASELLAS


Praza do Concello, s/n / Tel.: 986 34 05 43



NESTA EXPOSICIÓN RECOPÍRANSE 16 PINTURAS DE PAISAXES IMPRESIONISTAS DO PINTOR VIGUÉS TINO RIVEIRO.

A EXPOSICIÓN CONTEMPLA A INFLUENCIA DO IMPRESIONISMO NAS PRIMEIRAS PAISAXES INVENTADAS POLO ARTISTA, ASÍ COMO AS COPIAS DE MESTRES DO IMPRESIONISMO QUE AÍNDA ATOPANSE NO SEU PODER, E OUTRAS QUE FORON PRÉSTADAS PARA A EXPOSICIÓN.

MOITAS DAS OBRAS CORRESPONDEN AOS PRIMEIROS ENCONTROS DO ARTISTA CON A PINTURA DE PAISAXE SOBRE O ANO 1997, E EXPOSANSE POR PRIMEIRA VEZ AO PÚBLICO. 


GEDAC ARTE 2020.




DESCRIPCIÓN DAS OBRAS EXPOSTAS:


OBRA Nº1

Copia da obra "OS NENOS NA HORTA" do mestre impresionista Paul Gauguin. o tamaño da obra orixinal é de 65,5 x 46 cm, moi similar ao tamaño da copia.

 A pintura orixinal pertence á colección Thyssen-Bornemisza, e foi exposta en Santiago de Compostela en 1999 xunto con outros cadros da colección Thyssen na exposición: Do Impresionismo o Fauvismo. A pintura do cambio de século en París.

"OS NENOS NA HORTA" / 50 x 70 cm / óleo lenzo / Asinado e selado na parte traseira.





OBRA Nº2

Copia da obra "A ponte do ferrocarril" de Vincent Vang Gog a partir dunha fotografía nun libro de arte. O tamaño da pintura orixinal é de 49 x 64 cm. Na copia omítese un carro de cabalos que acababa de cruzar a ponte á esquerda.


 "A PONTE DO FERROCARRIL" / 55 x 46 cm  / óleo lienzo /Asinado e selado na parte traseira.







OBRA Nº3

Obra inspirada nun debuxo (carbón vexetal) de Vincent Van Gogh (28x24 cm) arredor de 1890 titulado EL CABRIOLÉ. Museo Nacional Vincent Van Gogh, Ámsterdam.

Debuxo orixinal de Vincent Van Gogh.


  Tino Riveiro reproduce (con todo o respecto do mundo) o debuxo realizado ao carbón vexetal por Vincent Van Gogh, coa técnica da pintura ao óleo, inspirándose noutras obras do artista holandés para engadir cor ao debuxo, tentando expresar o seu característico estilo e pincelada. Feito cara a 1998, o lenzo estirado está selado e asinado na parte traseira.

"EL CABRIOLÉ" / 46 x 38 cm / óleo lenzo / Asinado e selado na parte traseira.





OBRA Nº4

"BARQUIÑO DE VELA NA PRAIA"

Detalle dunha fotografía tirada da revista National Geographic. Obra orixinal feita arredor de 1997, que probablemente sexa unha das primeiras paisaxes formais pintadas ao óleo sobre lenzo por Tino Riveiro.

"BARQUIÑO DE VELA NA PRAIA" / 46 x 38 cm / óleo lenzo / Pendende de asinar.

VENDIDO




OBRA Nº 5

"PAISAXE CON ÁRBORE E FERVENZA"

Outra obra orixinal de Tino Riveiro improvisada directamente sobre tea de lona. A obra está feita enteiramente cunha espátula e non está inspirada nin e unha copia de ningunha obra coñecida. Feito no ano 2000, foi exhibido nalgunha ocasión co título de "A árbore de Buda". A obra estivo a piques de adquirirse en Andalucía en varias ocasións, pero por varias razóns a súa venda nunca se materializou.

 

"PAISAXE CON ÁRBORE E FERVENZA" / 55 x 45 cm / óleo sobre lenzo.

VENDIDO




OBRA Nº 6

"PASEO POLO RÍO"

Esta obra é unha das máis actuais, é unha composición inventada por Tino Riveiro que non se corresponde con ningún lugar específico ou está literalmente copiada de calquera cadro famoso, non obstante, o eixo principal da pintura está inspirado nunha obra de Caillebotte e a partir de aí, estruturado con elementos procedentes principalmente de obras de Monet, Renoir e Christian Albrecht Jensen.

"PASEO POLO RÍO" / 37 x 27 cm / óleo lenzo.

VENDIDO




OBRA Nº 7

""CASIÑAS NO LINDE DO BOSQUE "

Aínda que non se trata dunha copia, este cadro está claramente inspirado na obra do pintor Henri Le Sidaner (1862-1939) pertencente á colección Thyssen-Bornemisza. A pintura do pintor radicada en Francia mide 46,7 x 61,6 cm e foi exposta en Santiago de Compostela en 1999 xunto con outros cadros da colección Thyssen da exposición: "Do impresionismo ó Fauvismo. A  pintura do cambio de sécuo en París. "


""CASIÑAS NO LINDE DO BOSQUE "  / 60 x 60 cm / óleo lenzo.




OBRA Nº 8

"OS XINETES"

Copia da obra de Henri de Tolouse-Lautrec pintada en 1882 e pertencente á colección Thyssen-Bornemisza. Na copia Tino Riveiro engade un mastro cunha bandeira vermella que realmente non existe no orixinal. O tamaño da obra orixinal é de 64,5 x 45 cm. e está catalogado co título de "Les jockeys". A copia pertence a unha colección privada e foi cedida para a exposición.


"OS XINETES" / 80 x 38 cm / óleo sobre taboleiro / Colección privada.

VENDIDO



OBRA Nº 9

"PAISAXE CON MULLER QUE LEVA CANTARO"

Obra orixinal de Tino Riveiro improvisada ao óleo sobre lenzo e pintada case na súa totalidade coa técnica da navalla. Non foi copiado nin inspirado por ningunha obra coñecida pero destacan claramente as influencias dos mestres impresionistas.

"PAISAXE CON MULLER QUE LEVA CANTARO" / 65 x 54 cm / óleo lenzo.




OBRA Nº 10

"CASA MOLINO NA COSTA"

Obra orixinal de Tino Riveiro creada no 2004 de xeito improvisado nun panel, non foi copiada de ningunha paisaxe nin inspirada en ningún outro cadro, aínda que se pode dicir que o cadro foi pintado no momento en que o autor redescubriu e profundou un pouco sobre as obras dos mestres paisaxistas ingleses William Turner e John Constable.

Decídese incluír este cadro na exposición como excepción, xa que o cadro non ten influencias impresionistas.


"CASA MOLINO NA COSTA"  / 65,5 x 50 cm / óleo sobre taboleiro.

VENDIDO



OBRA Nº 11

"A PONTE DE MONET"

Neste exemplar do famoso cadro de Claude Monet pintado en 1999, Tino Riveiro céntrase principalmente na paisaxe que inclúe a ponte e a vexetación, ignorando completamente "Os nenúfares brancos" que dan nome á obra orixinal do xenio francés. A obra orixinal mide 89 x 83 cm e foi pintada exactamente 100 anos antes da copia aquí mostrada. O cadro pertence a unha colección privada situada en Vigo e foi amablemente cedido para esta exposición.

"A PONTE DE MONET" / 60 X 49 cm / óleo lenzo / Colección privada.

VENDIDO



OBRA Nº 12

"CAMELIOS NO PAZO DE LOURIZAN"

Obra orixinal de Tino Riveiro copiada dunha fotografía sacada dun catálogo sobre os Pazos de Galicia. O cadro presentouse ao certame nun concurso en Las Camelias en Tomiño (Pontevedra) obtendo o segundo premio. Na obra pódense ver claramente as influencias impresionistas.

 

"CAMELIOS NO PAZO DE LOURIZAN" / 45 x 50 cm / óleo lenzo.




OBRA Nº 13

"CASTELO NO SOLPOR"

Obra orixinal de Tino Riveiro. Este cadro tamén foi improvisado sobre taboleiro de escuma e non está copiado de ningunha obra coñecida. Quizais se lle poidan atribuír influencias de Claudio de Lorena, xa que o cartón foi pintado no mesmo ano e pouco despois que o pintor visitou o Museo do Parado mostrando interese por este artista francés, a quen tamén admiraba tanto William Turner, un dos pintores favoritos de Tino Riveiro.

Decídese incluír este cadro na exposición como excepción, xa que o cadro non ten influencias impresionistas.


"CASTELO NO SOLPOR" / 30,5 x 42 cm / óleo sobre cartón.





OBRA Nº 14

"VISTA DE PANXÓN DENDE O PEIRAO"

Obra orixinal copiada dunha fotografía sacada dende o peirao de Panxón (Pontevedra), a foto non foi tomada por Tino Riveiro, de feito, unha vez avanzada a obra, o pintor decidiu engadir tres barcos máis á composición na parte central inferior do cadro. que non estaban na foto orixinal. A pintura non está completamente rematada. 


"VISTA DE PANXÓN DENDE O PEIRAO" / 60 x 50 cm / óleo lenzo.

VENDIDO



OBRA Nº 15 / VENDIDA

"PAISAXE DE NOITE"

Obra orixinal de Tino Riveiro improvisada sobre tea de lona. A pintura podería describirse como unha paisaxe nocturna cunha muller deitada no río baixo unha lúa chea e un abeto iluminado, pero se se fixa ben, os abetos do outro lado do río parecen recibir enerxía da lúa, quizais para que poidan brillar coma o abeto en primeiro plano. Neste cadro xa se perciben tendencias surrealistas, é unha especie de mestura entre impresionismo e surrealismo soñado.

"PAISAXE DE NOITE" / 40 x 30 cm / óleo lenzo.

VENDIDO



OBRA Nº 15

"CIDADE NA COSTA"

Aínda que poida parecer unha cidade existente, non o é. O cadro foi improvisado directamente sobre o lenzo. Ao principio, a pintura tiña unhas dimensións moito maiores, pero o lenzo foi recortado polo pintor, seleccionando o marco que agora constitúe o formato da obra.

Pintado ao redor de 1999, aprécianse as influencias de Camille Pissarro, outro pintor impresionista moi admirado por Tino Riveiro.


"CIDADE NA COSTA" / 29 x 24 cm / óleo lenzo / Asinado e selado na parte traseira.

VENDIDO


GEDAC RTE 2020
COMENTARIOS DE TINO RIVEIRO PARA GEDAC ARTE / OCTUBRE 2020